‘Viveiro Canta’, o concurso de karaoke para as festas de Viveiro

“Este verán retomamos as nosas Festas Patronais, tras dous anos limitadas pola pandemia. Seguimos anunciando eventos e traballamos no programa completo, que recordamos que inclúe o concerto de Mikel Erentxun o 15 de agosto”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Concello de Viveiro. GALIPEDIA/XOSEMA

O Concello de Viveiro anuncia dúas novas citas do programa das Festas Patronais de Viveiro, que se celebran a mediados do mes de agosto con motivo do San Roque.

Dunha banda, “Viveiro Canta” será unha nova proposta nestas festas, cun concurso de karaoke. Doutra banda, os tradicionais cabezudos volverán a desfilar por Viveiro, tras dous anos sen esta cita por mor da pandemia.

“Este verán retomamos as nosas Festas Patronais, tras dous anos limitadas pola pandemia. Seguimos anunciando eventos e traballamos no programa completo, que recordamos que inclúe o concerto de Mikel Erentxun o 15 de agosto”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

“Viveiro Canta” propón un karaoke no que poden participar persoas de todas as idades. O concurso celebrarase o luns 8 de agosto na Praza Maior de Viveiro e contará con tres categorías: infantil, xuvenil, a partir de 12 anos, e adulto, a partir dos 18 anos. Un xurado profesional decidirá os gañadores do certame e entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados en cada categoría.

As prazas no certame son limitadas, polo que as inscricións poderán realizarse dende o próximo luns 18 de xullo, no teléfono 982560162 ou no e-mail rbg.cultura@viveiro.es. Deberán facilitarse os seguintes datos: nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, canción que cantará e autoría da mesma.

“Introducimos por primeira vez este evento, para que a cidadanía poida gozar coas voces dos seus veciños e veciñas. Ademais, é unha cita interxeracional, na que se pode apuntar calquera de persoa sen límite de idade”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Ademais, os cabezudos, un dos eventos máis esperados polo público familiar, volverán a saír ás rúas de Viveiro. “Recuperamos este evento tras as limitacións da COVID-19, que de seguro agardan con ilusión os nenos e nenas de Viveiro”, engade a concelleira de Cultura. Proximamente, o Concello de Viveiro anunciará o resto de citas para as festas patronais.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here